A Garda Civil detivo esta mañá en Ponteareas a un home de aproximadamente 30 anos e veciño de Ponteareas, tras acudir ás oficinas de servizos sociais do Concello de Ponteareas «en estado de ira e ameazando ás traballadoras«, segundo informan fontes cercanas ao caso.
O home, presuntamente okupa nun edificio do centro da vila, foi desaloxado do inmoble xunto ás demais persoas que vivían neste edificio deshabitado. Unha vez fóra do edificio, trasladouse ás oficinas de servizos sociais onde se mostrou en estado violento golpeando paredes e portas así como reiterando ameazas verbais ás traballadoras municipais.
Minutos máis tarde, foi detido pola Garda Civil e trasladado ao Cuartel onde permanece preso por delito de ameazas.
Que ocorreu?
A actuación dos axentes da Garda Civil comezou en torno ás 9:00h co fin de desaloxar a un total de 5 persoas aproximadamente, segundo informa o subdelegado do Goberno, Abel Losada. O inmoble okupado, situado na rúa Reveriano Soutullo, afectaba principalmente a dúas vivendas colindantes.
O desaloxo concluiu sen incidencias, excepto por unha das persoas desaloxadas que se trasladou ata as instalacións de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas, situado a 250 metros do edificio okupado.
Alí, ameazou ás traballadoras desta dependencia municipal, onde minutos máis tarde acudiu a Garda Civil que logrou detelo e trasladalo ao cuartel da Garda Civil onde permanece detido por delito de ameazas.
Segundo puido saber Si Radio, trátase dun veciño que responde ás iniciais de I.M. que perdeu a súa vivenda e que agora reclama unha axuda para poder acceder a unha vivenda.
De feito illado, este edificio é o mesmo no que se detivo a unha muller de 54 anos de idade, tras prender lume a un sofá no baixo do inmoble. Segundo informa a subdelegación do goberno, a muller presentaba discrepanzas coas persoas okupas.