miércoles, marzo 12, 2025
InicioConcellos +A CañizaNovo espazo peonil na Cañiza: Así será a rúa Antonio Facorro

Novo espazo peonil na Cañiza: Así será a rúa Antonio Facorro

O Concello da Cañiza consegue unha axuda de 700.000 euros a través do Plan Extra da Deputación de Pontevedra co fin de realizar o proxecto de humanización da rúa Antonio Facorro, que se levará a cabo unha vez que se acade toda a financiación precisa.

O alcalde, Luís Piña, avanzaba así que a actuación ascende a 1.254.366,89€ euros e que o proxecto «conseguiu xa unha parte importante da financiación a través da Deputación Provincial». «Do coste total, 700.000,00€ acaban de concederse con cargo ao «Plan Extra» e os restantes 554.366,89 serán solicitados polo Concello a través dos Plans Provinciais «+ Provincia» en dúas anualidades».

Neste 2025 o Concello está a piques de solicitar ante o organismo provincial 277.183,44 euros, cantidade que se corresponde co 50% non sufragado polo Plan Extra. No vindeiro 2026 o Concello tratará de solicitar o outro 50% o que permitiría financiar ao 100% a obra, sen ter que aportar recursos propios.

Ademáis, aos costes da execución do proxecto, súmanse os traballos de asistencia técnica para a  súa redacción que fan un total de 44.588,50€ euros máis. Estes gastos tamén serán financiados ao 90% pola Deputación de Pontevedra, nesta ocasión a través da Rede Ágora

O novo proxecto

A actuación abarca unha superficie de 4.105m2, nun itinerario que conecta as zonas verdes da Praza Maior e o Parque Central. A obra actuará sobre o mal estado dos pavimentos da calzada e das aceras que provocan a entrada de auga nos baixos das edificacións.

Tamén se instalarán marcas ranuradas e táctiles para mellor uso de invidentes, novos pasos peonís e mellor iluminación así como novo mobiliario urbano.

Segundo o proxecto de humanización, a rúa contempla un carril de dirección única que entra pola N-120 ou pola rúa Botica en dirección á rotonda de entronque coa estrada provincial A Cañiza-Arbo.

O alcalde engade ademais que «con esta obra desaparecerán 31 prazas da rúa Antonio Facorro que se reubicarán nos aparcamentos das rúas novas«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS