jueves, marzo 13, 2025
InicioNewsComarcasDeteñen a un veciño de Salvaterra por un delito de falsidade documental...

Deteñen a un veciño de Salvaterra por un delito de falsidade documental para remolques

A Garda Civil detén a unha persoa e investiga a outras dezasete por un suposto delito de falsificación documental de vehículos remolques. O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra xunto co Equipo Básico de Inspeccións Oculares (EBIO) da compañía da Garda Civil de Tui inician unha investigación en abril de 2024, tras recibir información sobre a existencia dunha persoa que, a cambio dunha compensación económica, elabora documentacións falsas de remolques lixeiros, pesados e para caravanas, tal e como explican desde a Garda Civil.

Así, os axentes detectan que esta persoa tamén fabrica os remolques de maneira artesanal, comercializándoos a particulares que solicitan estes “traballos” a cambio dun pago previamente acordado.

«Todo este proceso realízase co obxectivo de dar unha aparencia de legalidade aos remolques, evitando así calquera tipo de control polas autoridades policiais ou administrativas», segundo sinalan desde a Benemérita.

Tras un ano de investigación, a operación ‘REFALDOC’ permitiu identificar 22 remolques con documentación falsificada, localizados en diversas localidades do sur da provincia. Como resultado, procedeuuse á detención deste varón, con domicilio en Salvaterra de Miño e con antecedentes por feitos semellantes así como á investigación dos outros implicados pola súa presunta participación nestes delitos de falsificación documental.

As persoas investigadas enfrontan un delito de falsificación documental, tipificado no artigo 392 do Código Penal, con penas de prisión que oscilan entre seis meses e tres anos.
A investigación continúa aberta ante a posibilidade de localizar máis persoas implicadas que posúan remolques coa documentación falsificada.

O detido foi posto en liberdade na sede policial e as diligencias entregadas no Xulgado de Garda de Ponteareas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS