miércoles, marzo 12, 2025
InicioNewsConcellos +A Garda Civil detén a unha muller de Ponteareas por un presunto...

A Garda Civil detén a unha muller de Ponteareas por un presunto delito de incendio

A Garda Civil detén a unha muller de 54 anos, veciña de Ponteareas, con antecedentes policiais, por un suposto delito de incendio nun inmoble.

O Equipo de Policía Xudicial de Tui inicia unha investigación polo incendio que se produciu nun inmoble habitado «en tres dos seus pisos por varios okupas o pasado 7 de marzo en Ponteareas», segundo indican desde a Garda Civil.

Tras distintas pesquisas e testemuños de testigos conclúese que a detida accedeu ao interior do portal do edificio e presuntamente «prendeu lume nuns sillóns da entrada, acto co que xa ameazara en varias ocasións a estas persoas, polo seu desacordo en que estiveran habitando dito inmoble», ta el como explican fontes do caso.

A detida, xunto coas dilixencias, foron postas esta mañá no Xulgado de Garda de Ponteareas, que decretou o seu ingreso en prisión.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS