miércoles, marzo 12, 2025
InicioNewsActualidadeFin de semana de grandes logros para o Club Natación Ponteareas

Fin de semana de grandes logros para o Club Natación Ponteareas

O Club Natación Ponteareas desputou esta fin de semana tres probas competitivas á que acudiron diferentes representantes do club. As probas foron desputadas en Sabadell, Mos e As Pontes de García Rodríguez.

Por unha banda, o Centro Can Llong do Club Natació Sabadell acolleu o Campionato España Open de Primavera e o Campionato de España Junior de Inverno cunha participación total de 989 participantes de 203 clubs. Ata alí desprazáronse catro nadadoras e dous nadadores do Club Natación Ponteareas.

Dende o club eloxian «a participación de todos os e as deportistas pola súa representación» e destancan especialmente «as actuacións individuais de Iria Lemos e de Sofía Carballo».

Por outra parte, a Piscina Municipal de Mos acolleu unha nova xornada do Campionato Provincial de Natación 2024-25, onde participou o equipo absoluto do Club Natación Ponteareas.

Durante a competición, o equipo colleitou un total de cinco medallas, sendo catro delas de prata e unha de bronce.

Dende a dirección do club felicitan «ás nosas nadadoras e nadadores polo seu rendemento durante a xornada, acadando moitos deles as súas mellores marcas persoais, amosando unha gran evolución na súa progresión, principalmente aqueles de menor idade que xa son quen de competir fronte a deportistas de máis idade en moitas das probas».

Por último, unha representación do club pontareán desprazouse ata a Piscina Municipal de As Pontes de García Rodríguez onde se celebraba o Campionato Galego de Fondo Memorial Gerardo Steudel.

Alí, o club proclamouse campión galego tanto na categoría feminina como na clasificación conxunta, sendo subcampión en categoría masculina.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS