As rúas do Concello do Porriño converteranse esta fin de semana nun centro comercial aberto coa celebración da XXXI Feira de Oportunidades ‘Merca na rúa’ organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño, ACIPOR.
Durante os días 14 e 15 de marzo os comercios de Porriño sairán á rúa con productos a prezos reducidos en horario contínuo de 10 a 21 horas. Os postos de venda estarán ubicados na zona peatonal do Concello do Porriño.
Ademais, durante a celebración da feira de oportunidades, haberá actividades para os máis pequenos con inchables e obradoiros infantís.
