lunes, marzo 10, 2025
InicioNewsActualidadeA Illa de San Simón convértese nun refuxio para a creación literaria

A Illa de San Simón convértese nun refuxio para a creación literaria

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para optar a unha das 24 prazas que se ofertan na Residencia Literaria da Illa de San Simón co fin de estimular e promocionar a creación literaria en galego.

A iniciativa, que xa foi realizada en outras dúas ocasións, ofrecerá 24 prazas que poderán ser repartidas en tres quincenas: do 19 de maio ao 1 de xuño, do 23 de setembro ao 6 de outubro e do 6 de outubro ao 19 de outubro.

As persoas que poderán optar a esta Residencia Literaria seán aquelas maiores de idade que estén desenvolvendo un proxecto creativo en lingua galega e deberán estar nela un mínimo dunha semana e un máximo de quince días.

Durante a súa estancia, as persoas participantes poderán desenvolver o seu proxecto e alí contarán con aloxamento e espazo de traballo propio. As inscripcións estarán abertas ata o 28 de marzo e poderán realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS