lunes, marzo 10, 2025
InicioNewsActualidadeA Audiencia da Coruña absolve a unha empresaria acusada de defraudar á...

A Audiencia da Coruña absolve a unha empresaria acusada de defraudar á Seguridade Social

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a unha acusada dos delitos de defraudación e alzamento de bens que lle imputaban o Ministerio Fiscal e Tesourería Xeral da Seguridade Social. O tribunal considera probado que a acusada “incumpriu, polo menos parcialmente, as súas obrigas coa seguridade social, tanto como administradora única da sociedade mercantil como persoa física, debendo solicitar varios aprazamentos de débeda que foron incumpridos”, con todo, salienta que “non se acredita unha conduta penalmente relevante, máis aló da existencia dunha débeda coa seguridade social, ligada ás diferentes actividades da acusada, como persoa física e como persoa xurídica”.

A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de apelación ante a Sala do Civil e Penal do TSXG.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS