domingo, marzo 9, 2025
InicioNewsActualidadeLuís López visita o remate das obras da EP-2703 que une Pazos...

Luís López visita o remate das obras da EP-2703 que une Pazos de Borbén e Ponteareas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, acompañado polo alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero e a alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial, Nava Castro, visitaron a estrada EP-2703 ao seu paso polo Concello de Ponteareas, co fin de comprobar o remate dunha intervención encamiñada a mellorar a seguridade viaria de dita estrada.

A obra consistiu na reposición do firme ao longo de once quilómetros dunha vía que vertebra a comarca e conecta os concellos de Pazos de Borbén e Ponteareas. A actuación serviu tamén para implantar sistemas de contención en distintos puntos da vía, construír cunetas de seguridade e mellorar o sistema de drenaxe.

O proxecto, que supuxo o investimento de máis de 710.000 euros, foi financiado ao 100% pola Deputación.

“Tanto no 2024, como neste comezo do 2025, non hai semana na que non haxa novidades en materia de infraestruturas. Este tipo de obras contribúen a modernizar a rede de estradas provinciais, a mellorar a seguridade viaria e promove unha mobilidade máis sustentable”, argumentou o dirixente provincial.

A visita serviu tamén para facer un repaso doutros investimentos promovidos pola Deputación en materia viaria tanto en Bazos de Porbén como en Ponteareas. Neste último, o ente provincial destinou máis de 770.000 euros á mellora viaria ao longo dos anos 2023 e 2024 e, entre outras medidas, está en marcha o procedemento de adxudicación dunha mellora da sinalización nesta mesma estrada EP-2703 valorada en preto de 30.000 euros.

Por outra banda, no concello de Pazos de Borbén, o investimento en infraestruturas por parte da Deputación nos anos 2023 e 2024 superou os 450.000 euros e está en fase de tramitación, despois de que o goberno de Luis López lograra desbloquear o convenio, o proxecto de ampliación e mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2702 entre Amoedo e Os Valos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS