Alumnado de audiovisuais do IES Salvaterra de Miño presentará un vídeo creado por eles mesmos, onde se ofrece unha mirada sobre a igualdade e o papel da muller na sociedade actual, dende a perspectiva da xente moza.
O proxecto busca dar voz aos e ás adolescentes e reflexionar sobre os retos e logros que as mulleres enfrontar día a día. O obxectivo é fomentar a igualdade dende a educación e a participación activa da mocidade en temas socias e ao mesmo tempo xerar conciencia sobre a igualdade de xénero, recoñecer as contribucións das mulleres en diversos campos e promover o empoderamento.
O video será presentado nun acto especial celebrado na Casa da Cultura o vindeiro vernes 28 de marzo e estará enmarcado dentro das actividades de conmemoración do Día da Muller organizadas polo Concello de Salvaterra de Miño.