jueves, marzo 6, 2025
InicioNewsComarcasA Feira e Castro Barreiro repiten temática tras máis de 30 anos

A Feira e Castro Barreiro repiten temática tras máis de 30 anos

A batalla histórica entre A Feira e Castro Barreiro viviu un feito que non acontecía dende hai máis de 30 anos, segundo indicaban os participantes de ambos barrios.

Os dous barrios protagonizan cada martes de entroido un enfrontamento que conta con máis de 130 anos de vida dende que se ten constancia escrita. Concretamente, nesta edición de 2025 ambos barrios saíron a desfilar cunha mesma protagonista, a Intelixencia Artificial.

Todas as persoas que se atopaban na contorna da Praza do Concello de Salceda de Caselas quedaron abraiadas cando, ao pasar as dúas carrozas, percatáronse de que en ambas comitivas, a temática era a mesma.

A pesar deste motivo, todos e todas as compoñentes de ambas carrozas bailaron, desfrutaron e fixeron rir á xente que se atopaba alí coas súas parodias e burlas ao bando contrario.

Tras o desfile, ambas comparsas déronse a tradicional cita no Cruceiro de Fontedapedra, onde tras a histórica batalla de chistes e reprendementos ao barrio rival, continuaron a traxectoria cada unha cara o seu torreiro.

Alí, cada unha na súa zona, deron comezo á festa no barrio da Feira ao ritmo da orquesta La Fórmula e no Castro Barreiro bailando coa orquesta Miramar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS