domingo, marzo 9, 2025
InicioNewsActualidadeMos crea a primeira patrulla medioambiental voluntaria do municipio

Mos crea a primeira patrulla medioambiental voluntaria do municipio

O Concello de Mos crea unha patrulla medioambiental de voluntarios e voluntarias co fin de velar pola preservación e coidado das contornas naturais do municipio, así como promover a concienciación, a reciclaxe e a educación sobre o respecto ao medio ambiente.

Esta iniciativa, impulsada dende o programa CoidaMos da concellería local de Medio Ambiente, está integrada por veciños e veciñas do municipio concienciados co medio ambiente e que buscan o coidado das súas parroquias e espazos verdes.

«Non é a primeira vez que desde o departamento municipal de Medio Ambiente se promoven iniciativas de voluntariado» aseguraba a alcaldesa, Nidia Arévalo. «O pasado ano xa se creara a figura do voluntariado xestor de colonia felina para o coidado e control dos gatos rueiros»

Neste caso concreto, o programa de voluntariariado ambiental vai destinado a minimizar os impactos dos vertedoiros incrontrolados no medio e trata de coordinar aos veciños, asociacións e interesados para saír a limpar e humanizar as zonas verdes.

A patrulla conta con varias liñas de actuación. Por unha banda, informar e concienciar. Tamén vixiar e controlar, participar activamente na limpeza dos espazos e contribuír na recuperación das condicións ambientais.

A maiores, a patrulla avaliará, debaterá e realizará propostas á corporación local sobre sostibilidade e o medio ambiente municipal, informando sobre os problemas, necesidades e melloras que precisa a vila neste sentido.

    مقالات ذات صلة

    OUTRAS NOVAS