A extensión da UNED de Porriño ofrece un curso de Lingua de Signos de Nivel I orientado a persoas que desexen adquirir coñecementos básicos de Lingua de Signos Española e comunidade xorda, así como adquirir destrezas para a comunicación con persoas xordas e xordocegas.
A actividade poderá ser realizadas en modalidade presencial ou online e a matrícula está dispoñible na páxina web da UNED Porriño.
A formación terá lugar os luns e xoves do 31 de marzo ao 15 de maio de 2025 en horario de 18:00h a 21:00h na UNED de Porriño situada no Multicentro de Torneiros. O prezo da actividade é de 65 euros, tanto na modalidade presencial como online.
A finalidade da actividade é adquirir coñecementos básicos de LSE, coñecer aspectos sociais e culturais do colectivo de persoas xordas, adquirir novas habilidades e estratexias comunicativas, educar na diversidade social, cultural e lingüística e mellorar a cualificación profesional ca aprendizaxe dunha lingua oficial.
