jueves, marzo 6, 2025
InicioNewsActualidadeA Garda Civil de Tui detén a un home que porta unha...

A Garda Civil de Tui detén a un home que porta unha arma curta sen ningún tipo de documentación

A Garda Civil de Tui, o pasado día 26 de febreiro, durante as labores propias dun servizo de seguridade cidadá, cando circulaban por unha estrada local de Tomiño, cruzáronse cun vehículo ocupado por dúas persoas, as cales circulaban sen facer uso do cinto de seguridade.

Deuse o alto ao vehículo, e comprobouse que a persoa que ocupaba o asento dianteiro dereito mostraba unha actitude nerviosa, polo que se procedeu á súa identificación e á do condutor do vehículo.

Antes da identificación, o copiloto agáchase no asento, polo que tamén se rexistra o vehículo, atopándose debaixo do asento unha arma curta de fogo da marca BROWNING do calibre 7,65 cun cargador con 7 cartuchos metálicos.

Este home, natural do Rosal, e con antecedentes policiais e penais, manifesta que a arma é de súa propiedade e que carece de autorización administrativa que permita a súa tenencia.

Por iso, procédese á incautación da arma e á detención desta persoa como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas.

O detido, xunto coa arma e as dilixencias, foron entregados no Xulgado de Garda de Tui, que decretou a súa liberdade con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS