sábado, marzo 1, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas lanza unha campaña de protección a animais domésticos en situacións de...

Ponteareas lanza unha campaña de protección a animais domésticos en situacións de emerxencias

O Concello de Ponteareas lanza a campaña «Mascotas» en colaboración co parque de bombeiros local, perruquerías caninas e clínicas veterinarias da vila co fin de protexer a vida dos animais de compaña en situación de emerxencia.

A iniciativa consiste en promover que a veciñanza de Ponteareas que viva con animais domésticos coloque un distintivo na entrada do seu fogar, ou nalgún lugar visible, que indique cantas mascotas hai nesa vivenda. A finalidade é facilitar as intervencións e coidar a vida destes animais en situacións de emerxencia.

Juan Carlos González, tenente de alcaldesa e concelleiro de Seguridade Cidadá, explica que «a decisión foi tomada atendendo ás situacións vividas no último ano en intervencións de emerxencias e observando os datos rexistrados que indican que o 43% dos fogareis españois teñen unha mascota«.

“Moitas veces cando os bombeiros interveñen nunha emerxencia atópanse que dentro tamén hai animais de compaña que co medo agóchanse e non son detectados polos axentes. Por iso é moi importante que na entrada da vivenda conste o número de cans ou gatos que hai dentro para telo en conta e poder evacualos a tempo”, explica González Carrera.

Esta campaña é voluntaria e todas e todos os propietarios que queiran advertir da
presenza de animais nos seus fogares poden pasar polas clínicas veterinarias locais
e perruquerías caninas a recoller a súa pegatina
na que deixar constancia das
características dos mesmos.

Agradecemos a participación das clínicas e das perruquerías caninas para a distribución das pegatinas e apoiar esta campaña que pode salvar as vidas destes animais” aseguraba Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas.

O xefe de bombeiros, Roberto Castro, recomenda colocar as pegatinas nun lugar exterior visible, preferentemente na porta da entrada ou nos portais no caso de vivendas unifamiliares ou tamén no interior da vivenda na entrada nun lugar no que se poida ver nada máis entrar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS