lunes, marzo 3, 2025
InicioNewsActualidadeExcarcelada unha persoa tras unha colisión frontar entre dous coches en Salceda...

Excarcelada unha persoa tras unha colisión frontar entre dous coches en Salceda de Caselas

Unha colisión frontal entre dous vehículos obriga a excarcelar a unha persoa do seu coche no Concello de Salceda de Caselas. O siniestro produciuse no quilómetro 5 da PO-510 á altura parroquia de San Xurxo, segundo informou o 112 Galicia. Hai dúas persoas feridas, unha delas en estado grave.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Porriño, que se encargaron de realizar as tarefas de excarcelación dun dos implicados, que foi trasladado ao hospital en ambulancia.

O primeiro aviso recibido no 112 Galicia foi en torno ás 8:00h da mañá, a través dun particular. Ao tempo, un dos implicados chamou ao equipo de emerxencias informando que unha das persoas era incapaz de abandoar o seu vehículo.

Dende o 112 Galicia solicitouse actuación do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, dos Bombeiros do Porriño, Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas e dos servizos de mantemento de estrada.

En tanto se realizaban as tarefas de excarcelación e limpeza da estrada, o tráfico foi desviado por estradas alternativas, provocando algunhas retencións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS