O xulgado de Vigo imputa ao propietario da atracción ‘Saltamontes‘ na que morreu un mozo durante as festas da parroquia viguesa de Matamá o pasado verán.
A xuíza que leva o caso, cita a dono da atracción en calidade de investigado por presunta autoría de delito de homicidio imprudente. O informe do perito xudicial atribúe o suceso a un insuficiente axuste dos parafusos de suxeición do brazo da atracción que se desprendeu.
Tras a análise do experto do caso, atribúese o afrouxamento dos parafusos a un deficiente mantemento. Polo de agora, está é a única imputación neste procedemento xudicial e a comparecencia será o 29 de abril de 2025.