sábado, marzo 1, 2025
InicioNewsActualidadeAxenda da fin de semana nas comarcas cun gran protagonista: O Entroido

Axenda da fin de semana nas comarcas cun gran protagonista: O Entroido

Ao igual que cada fin de semana, dende Si Radio achegamos a axenda cultural e de ocio nas comarcas, nesta ocasión, marcada pola celebración do entroido en moitos dos municipios das nosas bisbarras.

Tres días de festas, música e diversión para pequenos e maiores nas comarcas do Condado, Paradanta, Val Miñor, Baixo Miño e Louriña.

Venres 28 de febreiro

Tomiño celebra o seu Venres de Foliada co desfile de compararsas pola rúa Gondomar.

O evento dará comezo ás 21:30h.

En Baiona terá lugar a Festa da Arribada durante toda a fin de semana.

Programación completa aquí.

Sábado 1 de marzo

O entroido de Mondariz chega con desfile de comparsas e festa DJ.

O desfile comeza ás 17:00h.

O Concello da Guarda ten programadas actividades durante a fin de semana de Entroido.

Pódense consultar as datas no seguinte cartel.

27 comparsas percorrerán as rúas do Concello do Porriño.

Ademais, estarán acompañadas de dúas charangas e unha batucada.

A banda de rock alternativo en galego ‘Exeria‘ actuará en Salceda de Caselas.

Ás 21:30h presentarán o seu novo tema ‘Como Xudas’ na cervexaría Fiuncho e Néboda.

A Banda Cultural de Salceda ofrecerá o seu Concerto de Entroido.

Ás 20:00h no auditorio municipal.

Arbo celebra a súa tradicional Festa Infantil de Entroido.

Ademais, haberá visita de personaxes Disney.

Fora da programación do entroido, en Salvaterra de Miño proxectarase a película Aquaman.

A entrada é de balde e a sesión dará comezo ás 22:00h.

Domingo 2 de marzo

As rúas de Salceda de Caselas acollerán o desfile de comparsas de entroido.

O desfile dará comezo ás 17:00h.

O Concello do Rosal realizará o seu Entroido en horario de mañá.

Dende as 11:00h as comparsas sairán da Rotonda da Feira para percorrer as rúas Xulio Sesto e Ramón Franco.

Ponteareas dará lugar ao desfile de comparsas polas rúas do municipio ás 17:30h.

O remate será na Praza Maior.

O desfile de comparsas de Arbo comezará ás 17:00h na Carballeira de Turbela.

Salvaterra de Miño proxectará a película «Migración! Un viaje patas arriba«.

A sesión dará comezo ás 17:00h na Casa da Cultura de Salvaterra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS