A asociación deportiva LALIGA outorga, a través dos ‘Premios Oficinas de Clubes’ o galardón de «Mellor contido publicado en RRSS» ao Real Club Celta de Vigo.
Estes premios, que teñen por obxectivo recoñecer o traballo, esforzo e innovación dos equipos, aunaron durante toda a xornada do 26 de febreiro a executivos de clubes e colaboradores co fin de compartir coñecementos da industria e poñer as boas prácticas en común. Posteriormente, tivo lugar a gala dos premios.
Alí, o RC Celta de Vigo foi recoñecido como ‘Mellor contido publicado en redes sociais de LALIGA en 2024’ gracias á campaña especial ‘Fin de ano de Celta Media‘. Dende o club vigués aseguran «sentirse moi agradecidos» e afirman que «isto é por e para vós, os e as celtistas».
Outros premios outorgados en diferentes categorías foron o ‘Premio Luís Gil‘ para o Sevilla FC como club máis colaborador, o Real Betis Balompié acadou o premio á mellor activación con patrocinadores e a mellor activación internacional, o premio á mellor captación de rexistros para o Getafe FC, o premio a mellor evento do ano para o Valencia CF e o galardón a ‘Producto Hospitality‘ para o RCD Mallorca.