lunes, marzo 3, 2025
InicioNewsActualidadeO alumnado de Covelo será 'auditor ambiental' na Zona de Especial Conservación...

O alumnado de Covelo será ‘auditor ambiental’ na Zona de Especial Conservación do río Tea

O Concello de Covelo pon en marcha a ‘Escola de Auditores Ambientais‘ enfocada aos nenos e nenas do CEIP Antonio Blanco Rodríguez.

A iniciativa pretende realizar unha campaña de concienciación ambiental e de recollida selectiva de información, así como de sensibilización para a conservación da Rede Natura 2000 e da súa biodiversidade.

A proposta consiste en que tanto alumnado como o profesorado do centro de ensino de Educación Primaria de Covelo sexa auditor da Zona de Especial Conservación (ZEC) do río Tea.

En primeiro lugar, realízase unha xornada formativa e divulgativa no centro para dar a coñecer o ZEC Río Tea e formar ao alumnado e profesorado da actuación de auditoría que deben desenvolver.

Aínda que todo o alumnado poderá participar a través dun formulario de recollida de datos e información ambiental creado para eles, haberá un equipo formado polo alumnado de 5º e 6º de primaria que terán dúas xornadas de saídas ao espazo ZEC Río Tea para levantar actas de auditoría do patrimonio natural, así como bondades ou perturbacións que atopen.

Todos os datos recollidos filtraranse e aportaranse como documento de auditoría ao Concello de Covelo, para proceder á súa mellora nos casos que sexa preciso.

Nunha terceira xornada de saída, realizarase un seguemento de medidas correctoras das deficiencias detectadas nas auditorías previas, coa elaboración dun novo informe.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS