sábado, marzo 1, 2025
InicioNewsActualidadeNova confirmación para Castrelos 2025: India Martínez actuará en Vigo o 16...

Nova confirmación para Castrelos 2025: India Martínez actuará en Vigo o 16 de agosto

A cantante e compositora cordobesa, India Martínez, actuará no Auditorio de Castrelos o sábado 16 de agosto. Así o vén de anunciar o alcalde de Vigo, Abel Caballero nun comunicado aos medios de comunicación.

Con esta, son tres as confirmacións que o rexedor da cidade olívica anunciou para este verán 2025. O primeiro concerto confirmado para esta edición foi a ópera ‘La Traviata‘ que actuará no gran auditorio vigués o venres 1 de agosto.

A segunda confirmación chegou hai apenas unha semana, cando Abel Caballero informou que Vanesa Martín sería a encargada de encher o Auditorio de Castrelos o xoves 31 de xullo.

Agora, será a quenda da fusión do flamenco e o pop, da man de India Martínez. A artista, con máis de 20 anos de traxectoria e infinidade de recoñecementos, fará un percorrido polo seu repertorio musical actual e da súa historia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS