Co entroido xa sentíndose en gran parte da comunidade galega, a Comparsa da Picoña prepárase para dar comezo ao Entroido coa súa tradicional festa que marca o inicio á tempada de desfiles, bailes e música.
O Entroido de Picoña dará comezo o vindeiro sábado 1 de marzo co seu primeiro desfile da tempada. A comparsa desfilará dende ás 17:00h polas estradas da parroquia para ensinarlle a veciños e veciñas as súas coreografías. O percorrido rematará no torreiro de festas, onde ás 19:00h se procederá á presentación da Carroza do 2025.
En torno ás 19:30h dará comezo a ‘Picofesta do Entroido‘ na contorna do Centro Cultural da Picoña, coa actuación dos DJ’s Anxo Silva, Rober Hyde, Khris Guez e DJ Enter.
A maiores, a comparsa desfilará nos Concellos de Salceda de Caselas, Tui e Salvaterra de Miño. O domingo 2 de marzo percorrerá as rúas de Salceda, o martes 4 de marzo en Tui e para rematar a tempada, o sábado 8 de marzo en Salvaterra de Miño.
