lunes, marzo 3, 2025
InicioNewsActualidadeTomiño reúnese co Celta de Vigo co fin de buscar futuras colaboracións

Tomiño reúnese co Celta de Vigo co fin de buscar futuras colaboracións

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reuniuse coa presidenta do Real Club Celta de Vigo, Marián Mouriño na sede do club vigués co fin de sentar as bases de futuras colaboracións no ámbito deportivo.

Así, durante o encontro no que tamén participou o concelleiro de deportes, Rubén García, abordáronse diferentes liñas de traballo que permitirán favorecer e promocionar o deporte base en Tomiño, un municipio con grab tradición futbolística.

Neste sentido, a rexedora quixo destacar a figura de Pablo Durán, xogador tomiñés que se formou en categorías infantís da AD Tomiño e que agora xoga no primeiro equipo do Celta de Vigo, en Primeira División.

«Para Tomiño Pablo Duran é máis que un xogador na élite do futbol estatal. Representa os valores do esforzo, a perseverancia e a humildade, e é un exemplo para todos os nenos e nenas que practica deporte no noso Concello», aseguraba Gonzalez.

A reunión serviu para analizar diferentes proxectos conxuntos que permitan «fomentar o deporte local e acercar aos máis pequenos e pequenas ao mundo do fútbol e á actividade deportiva en xeral».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS