domingo, marzo 2, 2025
InicioNewsActualidadeO 'Programa Xuntas' volve a Salvaterra, Salceda e As Neves gracias á...

O ‘Programa Xuntas’ volve a Salvaterra, Salceda e As Neves gracias á cooperación dos tres concellos

O Programa Xuntas nace hai tres anos ao abeiro da financiación da Xunta de Galicia con fondos europeos. O programa está deseñado e executado conxuntamente entre os concellos pontevedreses de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves.

A iniciativa aposta por unha intervención pública con alta especialización das formadoras e profesionais da psicoloxía e o dereito. Ademais, o nexo figura en todo momento a favor da participación, a transversalidade, o principio de igualdade e o feminismo.

Desta forma, trátase dun programa pioneiro para a atención, asesoramento, formación e intervención con mulleres de diversos perfís e idades. Todas as accións do programa compleméntanse con asesoramento especializado, debates, actividades culturais, habilidades de comunicación, manexo da tecnoloxía, itinerarios de inserción laboral, dinámicas grupais, visitas a empresas e a boas experiencias de emprendemento e autoemprego.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS