lunes, marzo 3, 2025
InicioNewsActualidadeMos humanizará a estrada Pereiras-Tameiga con fondos do Plan Extra da Deputación...

Mos humanizará a estrada Pereiras-Tameiga con fondos do Plan Extra da Deputación de Pontevedra

O Concello de Mos acometerá as obras de humanización da estrada Pereiras-Tameiga con fondos do Plan Extra aprobado pola Deputación de Pontevedra.

A axuda concedida pola administración provincial será de 900.000 euros, polo que o Concello comezou xa a traballar na redacción dos pregos de contratación das obras coa intención de inicialas neste 2025.

Unha vez realizadas as cesións de particulares para esta senda, procederase a executación deste proxecto de humanización, enmarcado no Plan Mos Humanizado.

Neste sentido, dende o goberno local destacan que «esta humanización é unha importante demanda veciñal, e que de feito, as reunións veciñais para sinalar o trazado exacto da nova senda comezaron fai anos».

As cesións para completar a estrada Pereiras-Tameiga realizaronse tras levar a cabo un estudo topográfico previo. Esta nova senda vai precedida da remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio, polo que con estes dous proxectos, se reformará totalmente a zona.

O presuposto total da licitación da obra ascende case ao millón e medio de euros e os traballos terán un prazo de execución de 12 meses dende o seu inicio.

Os obxectivos desta actuación, segundo indicou a alcaldesa, Nidia Arévalo son «proporcionar un transporte eficiente e mellorar a seguridade viaria e peonil mediante a construcción dunha senda peonil por unha marxe accesible e segura comunicando os diferentes núcleos, incorporando reductores de velocidade e a ampliación do numero de carrís».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS