lunes, marzo 3, 2025
InicioNewsActualidadeO turismo en Galicia medra nun 3,3% con respecto a xaneiro de...

O turismo en Galicia medra nun 3,3% con respecto a xaneiro de 2024

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar os primeiros datos turísticos de 2025 referidos aos hoteis e pensións durante o pasado mes de xaneiro. Nese mes, foron un total de 178.837 viaxeiros os que se aloxaron nos establecementos hoteleiros galegos e fixeron unhas 317.129 noites en total.

Deste xeito, os niveis acadan cifras superiores aos do ano anterior, rexistrando uns incrementos do 3,3% en viaxeiros e do 1,7% en noites.

Así, este bo comportamento ten que ver co incremento no mes de xaneiro do turismo de ámbito nacional, que medrou un 5% o interno e un 3% o que procede do resto do Estado.

Neste contexto, o sector hoteleiro foi quen de manter un nivel de ingresos semellante ao do ano pasado superando os 12M€ e manténdose por segundo ano consecutivo por riba deste limiar.

En canto ao perfil de viaxeiros en xaneiro, o 80% das noites hoteleiras corresponden ao turismo de ámbito nacional, representados nun 45% por españois doutras comunidades autónomas.

Pola contra, os viaxeiros residentes en Galicia encaran un 33% das difras mentres que o 21% restante corresponde ao turismo internacional.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS