O Club Natación Ponteareas cada a 10ª praza na clasificación conxunta durante o Campionato Galego Infantil de Inverno. A competición tivo lugar durante os días 22 e 23 de febreiro na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra.
No resultado por sexos, as nadadoras do club pontareán acadaron a séptima clasificación mentres que o equipo masculino quedou no décimo posto. Por outra banda, no eido das medallas, o Club Natación Ponteareas sumou dez en total, tres de ouro, cinco de prata e dous de bronce.
Dende o club, queren «felicitar a todos os nadadores e nadadoras polos excelentes resultados acadados rexistrando mellores marcas persoais nas probas, amosando un nivel de forma envexábel e unha fortaleza mental extraordinaria para seren capaces de manter a concentración e a motivación ao longo de dúas xornadas de competición longas e moi esixentes».
Ademais, fan especial mención a Bruno Rodríguez, María Quintas, Zaira Vila e Xián Prego «polas primeiras e segundas posicións conseguidas no campionato»