sábado, marzo 1, 2025
InicioNewsActualidadeO Campo de Fútbol do Oural, en Salvaterra, acollerá dous vestiarios máis

O Campo de Fútbol do Oural, en Salvaterra, acollerá dous vestiarios máis

Salvaterra de Miño avanza nas obras do Campo de Fútbol do Oural, na parroquia de Fornelos. As instalacións, que contan con herba sintética, son empregadas por diversos equipos de fútbol locais.

O obxectivo das obras é modernizar e ampliar os espazos dispoñibles. Concretamente, o proxecto baséase no acondicionamento dos locais existentes debaixo das gradas co fin de acoller dous vestiarios máis no seu interior.

O Concello invertiu nestes traballos máis de 88.000 euros financiados a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

Con resta obra, o goberno local dá resposta a «unha vella reclamación dos usuarios«, que únicamente contaban con dous vestiarios e un pequeno para árbitros, o que complicaba enormenente a organización dos entrenos e partidos.



مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS