O Concello de Arbo organiza a IX Festa Infantil de Entroido o vindeiro sábado 1 de marzo. A xornada, enfocada nos máis pequenos da casa, contará con música, xogos e a visita de personaxes Disney.
Os nenos e nenas poderán gozar dunha ampla variedade de actividades e saudar ás súas personaxes Disney favoritas, que visitarán a Praza do Concello durante a tarde do sábado.
O evento dará comezo ás 17:00h na Praza do Concello e a entrada será totalmente libre e gratuíta para todos os asistentes.
Dende o goberno local aseguran que «este tipo de iniciativas buscan fomentar a convivencia e o lecer saudable de todos os nenos e nenas en eventos recreativos como esta gran iniciativa que cumpre este ano a súa novena edición».
