A Xunta de Galicia enviará de oficio este ano 2025 a renovación das licencias de caza e pesca continental a todas as persoas titulares que superen ou teñan 65 anos. Esta renovación será de caracter indefinido, é dicir, non será necesario renovalos nun futuro. Segundo informa a xunta, esta medida «beneficia en 2025 a preto de 42.000 afeccionados entre as dúas actividades».
A medida está enmarcada nas modificacións da Lei de pesca continental de Galicia e da Lei de caza de Galicia incluídas na Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña os orzamentos da Xunta para este exercicio. O obxectivo é «simplificar os trámites administrativos e que a relación coa cidadanía sexa o máis sinxela e personalizada posible» aseguran dende o goberno galego.