martes, abril 1, 2025
InicioNewsActualidadeFalece o home agredido durante un partido de balonmán cadete en Sanxenxo

Falece o home agredido durante un partido de balonmán cadete en Sanxenxo

O avó do árbitro do partido de balonmán cadete que foi agredido en Sanxenxo o pasado 15 de decembro falece tras máis de dous meses ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro. O home, de 68 anos de idade, non puido recuperarse das graves lesións que sufriu ese día.

Así o informou a Federación Galega de Balonmán nun comunicado onde fan mención a que a familia do falecido quere agradecer «a todo o personal do Hospital Álvaro Cunqueiro a profesionalidade, atención e empatía ao longo de todo este tempo».

Ademais, a Federación fixo pública tamén unha carta na que traslada o seu pesar e a súa «impotencia e indignación» e lamentan non ser capaces «de impedir este fatídico suceso».

Os feitos foron acontecidos no interior do pavillón de Vilalonga de Sanxenxo, nun partido no que se enfrontaban os equipos femininos cadetes dos clubs Rasoeiro do Grove e o Balonmán Sanxenxo.

Durante o partido, o árbitro de apenas 15 anos, sinalaba un penalti contra os grovenses e o pai dunha xogadora local increpouno.

O seu avó, que se atopaba no público, chamoulle a atención ao adulto ante o seu comportamento. O home duns 40 anos, tras ser reprendido, agrediu ao avó do árbitro dándolle un empurrón e facendo que se golpease na cabeza e perdera así o coñecemento.

Dende ese momento, foi trasladado ao hospital onde permaneceu ingresado máis de dous meses ata o seu falecemento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS