O prazo para presentar as solicitudes para colocación de postos estará aberto desde o 7 de marzo ata ó 14 de abril, ambos os incluídos. Aquelas persoas interesadas en obter autorización para a instalación dos postos de venda, deberán cubrir a solicitude oficial e a Declaración Responsable e presentalas no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica do Concello de Arbo.
A LXV Festa da Lamprea terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril. «Unha cita onde os arbenses renden homenaxe a unha forma de vida que dá sentido a un territorio e a un sabor inconfundible que convida a viaxar no tempo» , aseguraba Horario Gil, alcalde de Arbo,
O Concello de Arbo asignará os espazos atendendo en todo caso a criterios técnicos e de dispoñibilidade. Para a asignación dos espazos dispoñibles serán tidas en conta soamente as solicitudes que achegasen toda a documentación correcta nos prazos establecidos para o efecto.