Actividades e plans de ocio para todos os gustos e idades nas comarcas da área de Vigo nesta fin de semana do 21 ao 23 de febreiro.
Venres 21 de febreiro
Volven os venres rebuldeiros ao Concello do Rosal. Nesta ocasión, o cun contacontos da man de Manuela Contacontos, «Rosalía ten poderes».
Ás 18:00h na Biblioteca Municipal.

O Concello das Neves conmemora o Día de Rosalía cun recital poético que contará tamén con micro aberto.
Ás 19:00h no Auditorio Municipal.

Daniel Rodríguez estrará a súa obra de danza contemporánea «Transeúnte» no Teatro Municipal de Tui. A función dará comezo ás 21:00h.
As entradas están á venda en www.tui.gal.

O Auditorio Municipal de Mondariz acollerá a presentación do libro «Castelao e os irmáns da liberdade«.
A presentación comeza ás 20:00h.

O Pazo de Mos acollerá a exposición de pintura «Eternas» de Galia Blanco.
A inauguración está prevista para este venres ás 20:00h.

A webserie «E logo, quen foi?» protagonizada e producida por Cristina Maró preséntase ás 21:00h na residencia de artistas ‘Artistea‘ de Ponteareas.

Sábado 22 de febreiro
Tomiño acollerá un festival benéfico con exhibicións de baile a favor de Bicos de Papel no pavillón de Sobrada.
A entrada custa 12€ e dará comezo ás 16:30h.

Crecente acollerá a función «Unha suorenta comedia» da compañía ‘De ste xeito’.
A obra dará comezo ás 20:00h no Auditorio Municipal de Crecente.

No auditorio de Salceda de Caselas terá lugar a obra «Don Juan» interpretada pola Agrupación Chirlomirlo de Randufe.
Ás 19:30h no Auditorio Municipal de Salceda.

A asociación pontareá ‘O faiado‘ organiza un obradoiro do movemento punk no que se poderá realizar un fanzine.
Ás 11:00h no Centro Sportivo de Ponteareas.

Salvaterra de Miño acollerá a proxección da película «Me he hecho viral«.
A sesión dará comezo ás 22:00h na Casa da Cultura.

Domingo 23 de febreiro
O domingo en Salvaterra de Miño, proxectarase a película «Wonka».
A sesión dará comezo ás 17:00h na Casa da Cultura.

Salceda de Caselas celebra o Día de Rosalía cunha ofrenda floral, obradoiro de chapas e marcos de Rosalía e un concerto sobre a artista.
Horarios dispoñibles no seguinte cartel.

As Neves vivirá o seu entroido co desfile de comparsas a partir das 16:00h.
Ao remate, haberá os tradicionais cantos de coplas e a queima da velutina.

O Concello de Mondariz Balneario organiza unha homenaxe a Rosalía de Castro.
Ás 18:00h haberá un recital público, ofrenda floral e actuación musical na Praza Rosalía de Castro.

En Tomiño, terá lugar o recital poético – musical de Pablo Vila.
O evento terá lugar ás 17:30h na Praza da Cultura de Goián.
