sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadeA Xunta destaca o CEIP de Crecente como un exemplo da calidade...

A Xunta destaca o CEIP de Crecente como un exemplo da calidade do ensino no rural

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodriguez visitou o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente tras as obras de renovación da cuberta do patio e da mudanza de media ducia de fiestras.

Durante a súa visita, o conselleiro puxo en valor as melloras nas instalacións dos centros do rural que a Xunta de Galicia está a realizar ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. “No marco desta folla de ruta levamos investidos máis de 170.000€ en obras no que é o único colexio de Crecente”, explicou o conselleiro.

Román Rodríguez quixo destacar tamén a implicación e compromiso da comunidade educativa do CEIP Manuel Sieiro, no que estudan preto de 50 alumnos e traballan 12 docentes, “o que pon de manifesto que o ensino no rural ten unha gran calidade e está en pé de igualdade no acceso a recursos e iniciativas ca o de centros de maior tamaño“, afirmou.

Ademais de ser un centro plurilingüe e contar cun auxiliar de conversa, este colexio é tamén moi dinámico no que se refire á biblioteca escolar. Dende este departamento, desenvolven programas como os Clubs de Lectura, Radio na Biblio, Lectura e familias ou Biblioteca Creativa, entre outros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS