O artista e compositor dominicano, Henry Méndez, actuará no Porriño o vindeiro sábado 1 de marzo dentro da programación que o concello ten preparada para a celebración do entroido 2025.
O concerto terá lugar na Praza do Concello do Porriño e contará tamén coa participación do DJ porriñés, Samu Pexe.
O artista dominicano fará un percorrido polos seus temas máis coñecidos e tamén interpretará as cancións máis recentes dentro da súa xira ‘Papacalambre Tour 2025′.
O evento dará comezo ao remate do desfile de comparsas coa actuación do grupo ‘GinTonis‘ na Praza Arquitecto Antonio Palacios e ao seu final será a quenda de Henry Méndez e Samu Pexe.
Ademais, o domingo día 2, actuará a Orquesta París de Noia ás 19:00h.