A nova webserie orixinal da Televisión de Galicia ‘E logo, quen foi?’ preséntase este venres na residencia de artistas ‘Artistea’ de Ponteareas. A presentación dará comezo ás 21:00h.
‘E logo, quen foi?’ trátase dunha microserie de ficción do xénero policial onde a axente Rodríguez, especialista en ciberseguridade, investiga xunto ao seu compañeiro un roubo de 2 millóns de euros.
A serie, que está producida e protagonizada pola actriz ponteareá Cristina Maró, consta dun total de sete episodios cunha duración de entre cinco e oito minutos por capítulo.
Durante a presentación estarán presentes os actores David Amor, Humy Donado, Fer González e Cristina Maró. Ademais, os capítulos da serie xa se poden visualizar na páxina web de A Galega.