O alumnado de 1º e 3º da ESO e de 1º de FPB de Madeira do IES de Salvaterra de Miño participaron nunha plantación de máis de 130 árbores na parroquia salvaterrense de Vilacoba.
A iniciativa, realizada nesta ocasión coa colaboración do IES Salvaterra de Miño, Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de Montes de Vilacoba e o Distrito Forestal XVII, celébrase no marco do día da árbore.
O IES Salvaterra de Miño leva sete anos conmemorando este día dun xeito colaborativo xunto ás diferentes Comunidades de Montes do Concello, celebrándose este ano na parroquia de Vilacoba.
Esta actividade forma parte das accións enmarcadas no Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello de Salvaterra de Miño como compromiso para reducir os efectos do cambio climático no territorio.