viernes, febrero 21, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas aproba un investivento de máis de 18 millóns de euros para...

Ponteareas aproba un investivento de máis de 18 millóns de euros para o Ciclo Integral da Auga

O Concello de Ponteareas aproba un investimento histórico para a mellora da rede de abastecemento e saneamento das 24 parroquias que suma un total de investimento mínimo de 18.967.048,45€. «Unha iniciativa imprescindible para a mellora da vida no rural e para avanzar hacia un futuro máis sostible e respectuoso co patrimonio natural, tal e como recolle a estratexia 2030 do Concello e a estratexia infraestrutura verde presentada en Santiago de Compostela como exemplo a seguir para outros concellos» asegura o goberno local.

O goberno aprobou os anteproxecto do Ciclo Integral da Auga que abrangue unha intervención a catro anos no abastecemento, rede de sumidoiros e depuración da auga en todas as parroquias. O goberno investirá 4.971.422,01€ o primeiro ano; 5.151.809,92€ o segundo ano; 5.116.648,76€ o terceiro ano e 3.727.167,77€ o cuarto ano. Coa apertura do expediente informativo haberá un prazo para alegacións, posterior aprobación, licitación e adxudicación.

A xestión do ciclo integral da auga abarca a completa e complexo labor de manexo dos sistemas ou procesos que permiten o abastecemento urbano, a reutilización así como o saneamento das augas residuais xeradas. Explica a concelleira de Infraestruturas, Raquel Bautista, que «o ciclo da auga vai desde que o recurso se capta e chega á billa, ata que, unha vez usado, se devolve á natureza ou se reutiliza nalgúns casos, aproveitando a auga para usos distintos ao consumo humano como a rega de xardíns, a agricultura ou algúns usos industriais».

A alcaldesa, Nava Castro, suliña a «importancia de achegar este servizo a todas as parroquias» e coa aprobación do Ciclo Integral da Auga “dase por fin o primeiro paso firme e unha compromiso real con todas as parroquias. É unha débeda histórica con toda a cidadanía do rural e unha medida indispensable para construír unha vila saudable”.

O goberno aprobou tamén sancionar á actual empresa de prestación do servizo de axuda no fogar (SAF) pola comisión de faltas leves, graves e moi graves que ascende a un total de 49,500€. Procede, agora, o goberno local á adxudicación da nova empresa que xestionará este servizo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS