sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño vivirá o seu entroido máis multitudinario con 27 comparsas

O Porriño vivirá o seu entroido máis multitudinario con 27 comparsas

Un total de 27 comparsas participarán no Entroido do Porriño nesta nova edición. O Concello vén de pechar o prazo de inscrición, contabilizando «o número máis alto ata o momento».

Serán 2.155 as persoas que integren tales comparsas, sumado aos os compoñentes da comitiva dos desfiles que encherán de cor e moita ledicia as rúas da vila, pois a eles hai que sumar dúas charangas e unha batucada.

Dende o goberno local, o alcalde Alejandro Lorenzo sinala que «de seguro, este será o entroido máis multitudinario da historia do noso Concello e da comarca. Xa non só polas máis de 2.000 persoas integrantes das 27 comparsas, senón polas miles que estas atraerán, veciños do Porriño e doutros concellos da comarca e da provincia que se achegarán á nosa vila para desfrutar dos desfiles do sábado e do martes de Entroido».

A programación festiva que será presentada nos vindeiros días, aseguran dende a Concellería de Cultura que «será moi ampla e na que se incluirán grandes sorpresas musicais, ademais das xa tradicionais actividades e eventos propios desta festa, como pode ser o Xogo da Ola, o pregón ou obradoiros dirixidos sobre todo á cativada».

Dende o goberno, lembran aque «as inscricións para participar na elaboración do testamento da sardiña, que terá lugar o mércores de cinsa, estarán abertas ata o xoves 20 de febreiro». O texto deberá presentarse no primeiro andar do Centro Cultural Municipal nun sobre pechado e dirixido á Concellería de Festas, en horario de 09.00 a 14.00. Unha vez cerrado o prazo o comité de observación elaborará o documento final.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS