O parque de atraccións Magikland mais grande no norte de Portugal prepara as súas instalacións para afrontar a vindeira tempada de apertura. Así, este parque vén de presentar o seu calendario de apertura para este 2025.
As instalacións, situadas en Penafiel, concretamente a aproximadamente hora e media de Vigo e a media hora da cidade de Porto, abrirán as súas portas o domingo 13 de abril, segundo informan na súa páxina web. Pola contra, a venda de tickets no portal online tan só permite mercar entradas para pases a partir do xoves 17 de abril.
Durante os meses de abril e maio o parque abrirá en días sinalados e durante os meses de xuño, xullo, e agosto abirá todos os días da semana. Por último, as instalacións permanecerán abertas a primeira semana e o fin de semana do 13 e 14 de setembro, dando por finalizada a tempada do 2025.
Horarios e datas de apertura na seguinte imaxe:
