viernes, febrero 21, 2025
InicioNewsActualidadeMos prepárase para a III Edición de 'CorreMos contra o Cancro'

Mos prepárase para a III Edición de ‘CorreMos contra o Cancro’

O Concello de Mos correrá contra o cancro na 3ª edición da carreira popular ‘CorreMos contra o Cancro‘ o vindeiro domingo 23 de febreiro. Trátase dun evento deportivo solidario e benéfico, no que o importe recadado coas inscricións será en beneficio da Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro.

A carreira, que chega no 2025 á súa terceira edición, presenta este ano unha nova modalidade. Ademais da andaina de 7km e a carreira de 10km para adultos, haberá tamén unha carreira intermedia de 5,4km.

Ademais, as categorías infantís poderán correr as modalidades 1,5km, 500 metros ou 120 metros, segundo a franxa de idade. A saída e a chegada para todas as modalidades será no Pazo de Mos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS