jueves, febrero 20, 2025
InicioNewsActualidadeSonNande, o novo festival que mestura música e gastronomía nas Neves

SonNande, o novo festival que mestura música e gastronomía nas Neves

O Hotel Nande da Natureza será o escenario do festival SonNande, un festival único que aunará, ao mesmo nivel, a música e a gastronomía. O evento terá lugar o vindeiro 8 de marzo e a apertura de portas será ás 12:00h.

A xornada está organizada por Catering Galicia, que aseguran que o SonNande «nace da idea de realizar un novo formato de festival diferente ao que estamos habituados na nosa comunidade».

Así «cambiamos as típicas instalacións móbiles por un hotel de catro estrelas, os baños portátiles por fixos e as carpas mediocres por unha con cerrado e calefacción» afirmaba Pablo Rodríguez, xerente de Catering Galicia.

O festival dará comezo coa actuación do grupo Furanchology durante a sesión vermut, ás 13:00h. De seguido, abriranse os postos de comida, que consistirán en diferentes estacións gastronómicas nas que os asistentes poderán probar «pratos exquisitos a prezos populares«.

Ademais, tamén haberá un stand de promoción turística do Concello das Neves, un stand de Bodegas Señorío de Rubiós e un stand do requesón de As Neves.

De seguido, os asistentes adentraranse noutro espazo diferente para dar paso á actuación dos seguintes tres grupos musicais.

Ao redor das 16:00h, actuará o grupo The Blow Up’s, ás 18:00h o grupo Best Boy e ás 20:00h o artista Julián Maeso presentará o seu novo disco durante a actuación. Ademais, en torno ás 19:00h, abrirán postos de comida novamente.

As entradas están á venda na páxina web de Wowtick a un prezo de 30 euros, sendo a entrada gratuíta para os menores de 12 anos. Unha vez dentro do festival, os pagos realizaranse a través dunha pulseira-moedeiro que se facilitará a cada asistente tras a súa acreditación.

Dende a organización aseguran que «se trata dun evento único e apto para un público familiar, onde maiores e pequenos poderán desfrutar da gastronomía e a música nun horario diurno». Ademais, recordan que «en caso de choiva o festival conta cunha carpa de 1.000 metros acondicionada con calefacción» e a maiores, «o recinto tamén conta cun aparcamento para autocaravanas«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS