sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadeRetencións na entrada a Ponteareas a causa dunha colisión entre dous vehículos

Retencións na entrada a Ponteareas a causa dunha colisión entre dous vehículos

Colisión frontal entre dous vehiculos esta mesma mañá no quilómetro oito da PO-403, á altura do enlace da A-52 na parroquia de Moreira, en Ponteareas.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e Tráfico, servizos sanitarios e servizos de mantemento de estradas, tras un aviso dun particular ao 112 Galicia.

O accidente tivo lugar entre dous turismos e, segundo informan desde Emerxencias de Galicia, unha persoa resultou ferida sen gravidade.

Debido á colisión, producíronse diversas retencións na entrada e saída do municipio pontareán ao permanecer cortado un dos carrís de acceso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS