sábado, abril 19, 2025
InicioNewsActualidadePontevedra encabeza a lista de provincias con mellor balance comercial de España

Pontevedra encabeza a lista de provincias con mellor balance comercial de España

A provincia de Pontevedra sitúase, por segundo ano consecutivo, como a provincia con mellor balance comercial do país, acadando un saldo positivo de 7.022,5 millóns de euros.

Así o constatou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, na súa visita ao servizo provincial de Comercio Exterior en Vigo onde analizou os datos de exportacións da provincia en 2024. Do mesmo xeito, Losada explicou que Pontevedra repite liderado por segundo ano consecutivo, tras obter o 9º posto en 2022 e o 17º en 2021 e 2020.

Tendo en conta únicamente o número de exportacións, Pontevedra está á cabeza de Galicia e mantense entre as primeiras provincias exportadoras de España. Este resultado histórico, afirmou o subdelegado, “reforza a posición da provincia como un dos motores económicos do país, especialmente grazas á súa capacidade exportadora en sectores como a automoción e a pesca, que seguen impulsando o crecemento económico e industrial”.

Así, as exportacións de Pontevedra alcanzaron máximos históricos con 15.280,3 millóns de euros en 2024, o que supón un incremento do 4% respecto ao ano anterior. Este crecemento é superior á media galega (+3,3%) e tamén está moi por enriba do aumento a nivel estatal (+0,2%), situando á provincia como a cuarta maior exportadora de España, só por detrás de Barcelona, Madrid e Valencia.

Por grandes capítulos o sector automóbil representou o 41,7 % das exportacións, seguido dos bens de equipo (25,1%) e alimentación, bebidas e tabaco (15,1%).

“O sector da automoción non só reforza as exportacións, senón que tamén xera miles de postos de traballo directos e indirectos, dinamizando a economía da provincia. As empresas souberon adaptarse ás novas demandas internacionais, apostando pola innovación e a sostibilidade», subliñou Losada.

Doutra banda, os produtos pesqueiros continúan sendo un dos piares da economía pontevedresa, con 1.733 millóns de euros en exportacións, o 11,3% do total. Aínda que o sector experimentou unha leve caída do -2,9% respecto ao ano anterior, mantense como unha das grandes fortalezas comerciais da provincia.

Comercio con Estados Unidos en máximo histórico

Outro dato destacado é a evolución do comercio con Estados Unidos, un dos principais socios comerciais da provincia. En 2024, Pontevedra alcanzou un saldo positivo de 333 millóns de euros, o mellor da serie histórica, grazas a un incremento do 44,5% nas exportacións cara este país. O que máis exporta Pontevedra a EE.UU son buques (23,1% e 84,9 millóns), compoñentes do automóbil (14,4% e 53 millóns) e produtos pesqueiros e do mar (13,5% e 49,5 millóns). Tamén destacan medicamentos, produtos químicos e materias primas animais e vexetais entro moitos outros produtos e mercadorías.

Para o subdelegado o crecemento das exportacións a EE.UU «demostra a capacidade das empresas pontevedresas para diversificar mercados e consolidar relacións comerciais con economías clave a nivel global». Non entanto, Abel Losada advertiu de que a política de aranceis de Donald Trump representa un reto para as exportacións pontevedresas e galegas a EE.UU. ao afectar a sectores estratéxicos como a pesca e a automoción.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS