sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadeConcentración atlética en Ponteareas 'polos 400 metros' da pista de atletismo

Concentración atlética en Ponteareas ‘polos 400 metros’ da pista de atletismo

Son innumerables as queixas e peticións que a comunidade atlética de Ponteareas e comarca leva facendo ao goberno local co fin de paralizar o proxecto da pista de atletismo de 200m que o Concello ten proxectada na parroquia de Fontenla e requirir unha que cubra as necesidades dos e das deportistas da vila.

Os e as atletas solicitan unha pista de 400 metros e «non unha minipista de 200m, que non serviría para nada mais que para malgastar os cartos», segundo aseguran.

Por este motivo, e co fin de reiterar unha vez máis os beneficios e as posibilidades dunha pista de atletismo de 400 metros, organizan unha concentración atlética dante do Concello de Ponteareas.

A concentración terá lugar diante da casa consistorial este sábado 22 de febreiro ás 11:00h da mañá.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS