jueves, febrero 20, 2025
InicioNewsActualidadeAs avenidas de Puxeiros e do Rebullón en Mos serán remodeladas cun...

As avenidas de Puxeiros e do Rebullón en Mos serán remodeladas cun investimento de 1,3M€

A Xunta de Galicia e o Concello de Mos veñen de asinar un convenio de colaboración co fin de remodelar as avenidas de Puxeiros e do Rebullón cun investimento conxunto de 1,3 millóns de euros.

Así o fixeron constar a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue e a alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, no acto para a firma do convenio que tivo lugar na avenida de Puxeiros.

Deste xeito, o goberno galego cofinanciará mediante a achega de 600.000 euros esta intervención que licitará o Concello de Mos co fin de poder tela rematada o próximo ano. Con esta actuación, o centro urbano de Mos quedará transformado nun espazo máis accesible, verde e adaptado ás necesidades dos cidadáns.

O proxecto abrangue a remodelación dun tramo de 170 metros da avenida de Puxeiros, outros 125 metros da avenida do Rebullón e a totalidade da superficie da rotonda dos Bois. Trátase así, dunha actuación integral que permitirá acadar unha vila máis amable e con maior accesibilidade, incrementando notablemente o espazo para uso peonil nesta contorna.

Ademais, o proxecto inclúe a dotación de máis zonas de estancia e esparexemento, espazos con xardíns, con novo mobiliario urbano e nova iluminación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS