sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadeTui actualiza a taxa para para a instalación de atraccións nas festas...

Tui actualiza a taxa para para a instalación de atraccións nas festas de San Telmo, tras 17 anos conxelada

A falta de apenas dous meses para as Festas de San Telmo en Tui, o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar a aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venta e outros espectáculos durante a celebración das festas de San Telmo.

A tarifa que deberán abonar ao Concello de Tui os propietarios das atraccións e casetas incrementa de 0,54 a 2,42 euros por metro cadrado e día.

Esta ordenanza levaba sen actualizarse dende a súa aprobación no ano 2008 e segundo explicou durante o pleno o concelleiro de Faceda, Miguel Méndez, «era preciso un un reaxustes dos precios, pois a recadación actual era deficitaria e tan sequera daba para cubrir os gastos da montaxe técnica das festas de San Telmo».

Para concretar esta tarifa, o Concello encargou un estudo de valores de mercado, que estableceu a tarifa en 3,05 euros o metro cadrado ao día. Ao tratarse dunha suba tan elevada, o goberno decidiu aplicar un desconto do 25% en dita taxa, quedando establecida en 2,42 euros diarios por metro cadrado.

A modificación foi aprobada en pleno e todos os grupos políticos votaron a favor da proposta, a pesar da abstención do partido político C21, tras dudar se era posible ou non cobrar tasas en terreos privados cedidos ao Concello.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS