O goberno central destina medio millón de euros para a ampliación da residencia de maiores do Concello de Crecente. Concretamente, será o Ministerio de Dereitos Sociais quen financiará dita ampliación.
A actuación será unha realidade a través dos fondos europeos do Plan de Recuperación e no marco desta mesma axuda, tamén será construída un fogar residencial en Dozón por valor de 1,5 millóns e un fogar residencial e centro de día en Fornelos de Montes por máis dun millón de euros.
Así o anunciou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, quen destacou a «aposta do goberno central pola inversión de 18,5 millóns de euros na rede de coidados de Galicia».
Losada, incidiu tamén en que «gracias a estas inversión, crearanse 500 novas prazas públicas en residencias e 150 en atención diurna», o que, segundo as súas palabras “supón un avance real na rede pública de atención ás persoas maiores”.