jueves, febrero 20, 2025
InicioNewsActualidadeAs Neves contará cunha nova senda peonil na PO-400, que une O...

As Neves contará cunha nova senda peonil na PO-400, que une O Castro co centro da vila

O Consello da Xunta dá luz verde á aprobación provisional do proxecto para construír unha senda peonil na estrada PO-400, no Concello das Neves, por un valor de máis de 573.000 euros.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé tamén someter neste mes o proxecto a información pública, para os efectos expropiatorios, durante o prazo dun mes.

A previsión, segundo se indicou no Consello, «é poder aprobar o proxecto no outono para a finais de ano poder realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións e licitar as obras despois«.

O novo itinerario peonil estará comprendido entre os puntos quilométricos 8+770 e 9+950 da PO-400, que comunica O Castro co centro urbano de As Neves.

Deste xeito, o obxectivo é permitir unha circulación segura para os peóns, quedando tamén incluídas neste ámbito as paraxes de transporte existentes.

Así, nos treitos inicial e final, coincidentes coas zonas cunha concentración maior de poboación, actuarase en ambas as marxes co fin de dar servizo ás vivendas dos dous lados. No resto do percorrido, a senda discorrerá pola marxe dereita da estrada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS