sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadeA Xunta adxudica 4,1 millóns de euros a Mos para a construcción...

A Xunta adxudica 4,1 millóns de euros a Mos para a construcción de 20 vivendas públicas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por un importe de 4.098.570,30 euros as obras de construcción dun edificio para vinte vivendas de promoción pública no barrio de San Eleuterio, na parroquia mosense de Tameiga.

O contrato foi adxudicado á empresa Extraco, Construcións e Proxectos, S.A, e contan cun prazo de execución de 16 meses.

A Xunta financiará o 80% de dita obra e o presuposto restante será completado a través de fondos europeos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Ademais, a maiores do custe das obras de urbanización, hai que sumar uns 243.000 euros da redacción do proxecto e traballos técnicos, que será costeados íntegramente pola Xunta de Galicia con fondos propios e o custe da parcela, cedida polo Concello de Mos.

O novo edificio contará cunha planta subterránea, unha planta baixa e tres plantas altas. Das vinte vivendas, unha será adaptada e o inmoble contará con 29 plazas de garaxe e 20 rochos.

Así mesmo, na planta baixa, ademais do portal, habilitaranse catro vivendas, un
núcleo de comunicación vertical, instalacións e un patio. Nas plantas primeira á terceira, distribuiranse o resto das vivendas sendo catro na primeira planta e seis nas plantas superiores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS